IMBECILES E ESCUROS, di o noso Himno
“Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.”
Pois o sábado 30, dimos cumprido o noso obxectivo dos 30Kms da Costa de Bezoucos. Impresionante día para camiñar e desfrutar, o medio cento de camiñantes, que nos xuntamos en Mea, antigo xacemento roman da nosa ría.
Con parada nese lugar centenario como é o CIRS de Cervas, para relaxarse e hidratarse comer tirados no parque de Rosalia en Ares, e desfrutar de novo de Redes.
Para ser “mediocres” como dicía algún “crack” falso medioambientalista, en redes sociais..pois non estivo mal.
Ainda que algun directivo dalgunha entidade dixo, “e que nos xa levamos 15 anos”.
Pois levamos 50 anos facendo esto: camiñar na natureza, e imolo seguir facendo.