NoticiasRutasSendeirismo

1 XANEIRO: COMO SEMPRE MARCHA de ANINOVO E CALLOS

  Ainda que chova, que parece que tocará de novo, as 11.15 en FIMO, para  percorrer os Montes de Serantes, baixar ata balón, e dende ali ó local da AVV. A Cabana, onde os nosos amigos como todos os anos nos deixaran repartir unha pota de callos del Guitiriz.

Os callos como sempre solidarios, e o que recaudemos mais o 0’7% da nosas cuotas iran este ano, para a Fundación Vicente Ferrer, que empezou a traballar con nenos do Nepal.

Dentro do seu programa de Andainas e carrerias solidarias, 1km1vida, ai abrimos nos unha posibilidade de colaboración.

Tod@s aqueles que non  podades vir a facer ese percorrido podedes colaborar, nunha especie de fila 1 ou dorsal 0: https://iniciativas.fundacionvicenteferrer.org/1km1vida/Andaina/Ferrol2024

OLLO; este percorrido é de caracter aberto, e sen organizar, polo que cada un é responsable da sua seguridade, como é lóxico non hai compromiso de seguros de nigun tipo. O unico compromiso do club e de intentar que os callos solidairos esten quentes