ACTIVIDADES DE NADAL E ANINOVO
Un ano máis convocámosvos nestas datas para queimar o turrón e as calorías extras típicas destas datas dando unha volta pola ría de Ferrol. Será o martes 26 de decembro ás 17.00 horas saíndo desde as inmediacións do albergue do Camiño en Neda, á beira da pasarela peonil de Xuvia
O mércores 27 teremos dúas quendas para iniciarse á escalada no rocódromo da Malata, é necesario inscribirse enchendo o formulario e seguindo as instruccións en: https://forms.gle/YNDHsSCWv4juC5m97
E o 1º de xaneiro de 2024 (ano no que cumprimos os 50!) quedamos nas inmediacións de FIMO para iniciar o ano da forma máis deportiva e solidaria, subindo a Chamorro e regresando de volta con parada na AVV. da Cabana para degustar uns callos, este ano o noso peto solidario vai para encher a causa 1KM1Vida da Fundación Vicente Ferrer. Non faltes!