ActividadesNaturezaNoticiasSendeirismo

O 10 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DAS MONTAÑAS

DÍA MUNDIAL DAS MONTAÑAS

O 11 de decembro é o Día Mundial das Montañas da ONU. Nós celebrarémolo o domingo 10 recuperando as actividades medioambientais cun percorrido circular ese día, por un sitio tan querido por nos como eses Montes de Brión.

Unha ruta duns 8 km pola costa e zona da boca da ría de Ferrol, axeitada para todos os públicos. Con saída dende o aparcamento do Confurco (zona Asfedro)

Para este día contamos ca colaboración duns nov@s compañeir@s de viaxe para coñecer mellor a natureza do noso entorno, e se a saída gusta, repetiremos!

As xentes de PEGADAS CULTURAIS dirixirán esta actividade do domingo pola maña. Dado que irán explicando os temas do entorno, as prazas será límitadas. É necesaria a inscrición, no local ou por correo electrónico.

Por suposto os nenos de balde