DestacadoEscaladaNoticiasRocódromo

ROCÓDROMO: HABEMUS PORTA!

Habemus porta! Despois de catro anos –e dúas corporacións mediante– o Concello habilitou o control de acceso ao rocódromo da Malata que viñamos reclamando públicamente desde 2019. O rocódromo é unha instalación municipal á que o noso clube contribúe a todos os niveis desde hai moitos anos, promovendo a súa creación e mellora, dinamizando o seu uso, mantendo o espazo e poñendo medios e traballo para crear novas instalacións para a práctica da escalada para nenos e maiores… unhas instalacións que lóxicamente son para uso e goce de toda a ferrolanía. A partir de agora, coa efectividade do control de acceso á instalación, queda tamén delimitada a responsabilidade no uso e mantemento da mesma por todas aquelas persoas e entidades que cumpran as obrigas (estar federado, ter seguro de actividade, etc.) para utilizar unha instalación deste tipo, mediante unha credencial de acceso facilitada polo Concello de Ferrol.

E como somos de demostrar o movemento camiñando ou neste caso escalando, lembrade que temos en curso sesións de iniciación á escalada o vindeiro mércores, inscríbete!