CASTROS DE FERROL: HAI 18 ANOS
Aló polo ano 2004, o Club facía –dacordo co Concello– unha publicación que combinaba os restos castrexos de Ferrol coas rutas de sendeirismo que daquela había no concello.
Coa asesoría da Agrupación Arqueolóxica Terra de Trasancos, e baseado na publicación do Ateneo Ferrolán duns anos antes, coa nosa experta en patrimonio Mónica Dopico, quixemos poñer un grao de area no coñecemento desa riqueza do concello, como fixemos con moitas cousas máis na comarca: Camiño a Teixido, Circular de Cabanas, Ruta dos Castelos e Mosteiros, Batalla de Brión, etc.
Agora, 18 anos despois, o Concello e a Universidade, desaparecida neste temas, retoman, como un grande achadego, unha exposición (que se só queda niso, pobre iniciativa sería), no Centro Torrente Ballester…


