ActividadesEscaladaNoticiasSendeirismo

DÚAS PROPOSTAS PARA ESTA FINDE: ESCALADA E SENDEIRISMO

1/ ESCALADA EN NAVIA

O sábado e con carácter de autoconvocatoria, para aqueles que estean federados, dispoñan do material adecuado e saiban desenvolverse na escalada, propoñemos unha visita ás paredes de Navia (Asturias). É unha zona nova, e paga a pena!

2/ SENDEIRISMO NA COSTA DE DEXO

E por outra banda, o domingo faremos unha das rutas de sendeirismo máis bonitas da costa de Coruña: desde Sada a Mera, o que se coñece como Costa de Dexo. Inscríbete!

FICHA PARTICIPACION EN ACTIVIDADE 20220508 COSTA DE DEXO (PDF)