NaturezaNoticias

A REGULACION DAS FRAGAS DO EUME

Cada  vez que hai cambios nas estructuras da Xunta, voltan a carga co PRUX das fragas. Vintetantos anos despois e seguimos igual. E que facer un Parque cando mais do 80% das terras son privadas..eche complicado!

Pois se hai entidades privadas mercando terreno ..que merque a Xunta tamén, pero é moi doado facer cas terras dos demais.

Cada plan que se presenta, e van moitos, é movido pola protesta lóxica dos propietarios. O que no cambia son que despois as políticas de promoción do eucalipto, de autorización de minas como a de Andalucita xusto na fronteria do Parque ou os macroparques eólicos, propiedade das grandes eléctricas..para eso non hai problema.

O Xoves 21 mantivose unha xuntanza, que xa pediramos, coa delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros e a D.X. P.N. Belen Docampo, Onde tamén estiveron presentes os clubes Ártabros e Caxado.

Explicaron os novos espazos dentro do parque, e xa lles dixemos que tanto Ártabros como Montaña Ferrol, levan dende o 1974 camiñando por esas terras, así que é difícil que nos expliquen algo novo ..senon mais ben o contrario. Somos nos os que sabemos, somos nos os que pateamos o territorio, e por iso mantemos que o sendeirismo (ben estruturado, non en van a rede de sendeiros actual se basa na presentada por nos, a principio dos 2000 ) e a escalada, nas zonas históricas, que empezaran a traballar xente como os malogrados irmans Casal, e outros veterans, son perfectamente compatibles con políticas de sostenibilidade das que somos nos, moito mais partidarios que a propia Xunta. Se verá co tempo.