ActividadesNoticiasSendeirismo patrimonial

ANDAINA PATRIMONIAL POLAS MÉDULAS DA LEITOSA

Recuperamos a actividade que estaba programado facer hai xusto 2 anos… lembrades a data? xusto ao día seguinte daquel 14 de marzo de 2020 entraba en vigor o inédito confinamento domiciliario en todo o Estado!

Como non están os tempos para que se anime moita xente  a ir nun microbús, propoñemos ir en coches particulares. Ainda así o club dispón de 7 prazas, na furgoneta de Kapitrek (10€)

Despois de facer a ruta polas Médulas da Leitosa, e supoñemos que comer na área recreativa de Ferrería da Somoza, na propia médula, e para aqueles que queiran, e posible ir a coñecer Castro Ventosa en Cacabelos.

  • Día: 20 de marzo de 2022
  • Hora de encontro: 10:30 horas
  • Lugar: Praza de La Alameda en Villafranca del Bierzo
  • Cotas:
    • Socios Federados gratis
    • Socios non federados: 3 €
    • Non Socios: 6€
    • Praza na furgoneta de Kapitrek: 10€
  • A data última de inscripción o 16 de marzo. Socios federados o 18
  • Engádese arquivo explicativo da actividade

PRECISA INSCRICIÓN PREVIA