ActividadesEscalada

ESCALADA POLO 8-M

Un ano máis, e conmemorando o 8-M Día Internacional da muller, organizamos en colaboración coa Concellaría da Muller do Concello de Ferrol unha actividade de iniciación á escalada no rocódromo da Malata  coa axuda de dúas socias escaladoras.

Quen pode participar: mulleres adultas e nenas a partir de 6 anos. As nenas teñen que estar acompañadas de nai/pai/titor.

A idea é organizar unha actividade  para realizar un primeiro contacto coa escalada.

  • Cando: luns 7 de marzo
  • Horario: de 18.00 a 21.00h

Serán 3 grupos de 8 participantes. Tratarase de apuntar as nenas nos primeiros horarios.

Se queres participar envía nome e apelidos e número do DNI ou da tarxeta sanitaria (se a nena non ten DNI) ao correo da Secretaría.