ActividadesEscaladaNoticias

APÚNTATE Á ESCALADA EN FERROL!

Os reis magos de Oriente trouxéronnos unha manchea de presas novas para as paredes de escalada da Malata!

Para tirarlles partido temos programadas moitas actividades de escalada adaptadas a todo tipo de perfís.

Tanto se queres iniciarte neste apaixoante mundo, como se queres mellorar a túa práctica tes varias opcións no Club de Montaña Ferrol:

1. XORNADAS DE INICIACIÓN Á ESCALADA

  • Mércores 26 de xaneiro. Xornada de Portas Abertas.
  • Podes facer a inscrición cubrindo este formulario
  • Actividades de Xornadas de Portas Abertas para soci@s e non socios, adultos e nenos. (a partir de 4 anos)
  • Horario: duas quendas: 19.00-20.00 e de 20.00 a 21.00h
  • Inscrición: aberta até o luns 24 de xaneiro (ou que se esgoten as prazas).
  • Os soci@s do Club terán prioridade de participación na actividade.
  • De balde para soci@s federados, para soci@s adultos non federados 3€ , non socios 6€ e nenos de balde.

2. TALLER DE ESCALADA OS MÉRCORES*

  • Inscríbete no Taller de Escalada, para soci@s federad@s que xa teñen coñecementos.
  • Os encontros son todos os mércores do mes *agás nas semanas que haxa Xornada de Portas Abertas
  • Horario: 19.00-21.00h
  • De 15 anos en adiante. Hai que cubrir o impreso de participación que vos remitiremos cando contactedes amosando interese por participar.

3. MARTES NO ROCÓDROMO

Retomámolos en febreiro, recordamos a quen vai dirixido:

  • A idea é afondar un pouquiño no tema da escalada para os socios interesados acompañados por un socio do Club.
  • Quen pode participar? prioridade de participación para soci@s federad@s, e se hai prazas dispoñibles poderán participar federad@s polo Club de Montaña Ferrol.
  • A idea é participar dous martes ao mes, e despois xa continuar progresando cada un pola súa conta.
  • Horario: 17.00 a 19.00h

4. SAÍDA A ROCÓDROMOS GALEGOS: ROCOLUGO O SÁBADO 29 DE XANEIRO

 Despois daS saídaS aos espazos de escalada indoor da Coruña e Compostela, desta volta imos ao rocódromo de Lugo!

  • Onde: RocoLugo https://rocolugo.com/
  • Cando?: O vindeiro sábado día 29.
  • Hora: ás 11 da maña alí.
  • Quen pode participar? soci@s do Club de Montaña Ferrol.
  • Desprazamento: cada un pola súa conta.
  • Duración: poderase quedar alí a comer e continuar a sesión de tarde ou voltar, iso queda a elección de cada quen
  • Disponse de tres prazas nun coche (3€). Tes que avisar se precisas algunha delas.
  • Custe: entrada 5€  (subvencionarase a entrada dependendo da cantidade de participantes).
  • Infantís e xuvenís de balde
  • Precísase Inscrición previa

Se precisas máis información contacta coa Secretaría do Club