DOMINGO 19: SAÍDA INTERPRETATIVA DE AVES NA FROUXEIRA
E para este domingo antes das festas do Nadal, propoñemos unha novidosa iniciativa por parte dun socio do Club de Montaña versado na materia: unha saída de avistamento de aves pola contorna natural protexida da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño. Desde o Club de Montaña agradecemos a colaboración do grupo local SEO Asturias.
A idea éé facer unha saída ornitolóxica, un percorrido de avistamento de aves con paradas interpretativas e a baixo ritmo.
- Horario e duración 10.00 a 13.30 horas aproximadamente.
- Lugar Aparcamento da praia da Frouxeira, fronte ao camping de Valdoviño na estrada da praia.
- Quen pode anotarse? nen@s a partir de 4 anos e persoas adultas.
- Prazas 25.
É IMPRESCINDIBLE A INSCRICIÓN PREVIA NA SECRETARÍA DO CLUB
(Foto de portada: Lagoa da Frouxeira, cortesía de Rodrigo Díaz Castro)