ActividadesEscaladaNoticias

SÁBADO 18: VISITA AO ROCÓDROMO INDOORWALL SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seguimos coas saídas aos espazos de escalada baixo cuberta en Galicia. Desta volta propoñemos unha saída o sábado 18 de decembro para coñecer o centro de escalada Rocódromo INDOORWALL en Santiago de Compostela.

  • Cando O vindeiro sábado día 18.
  • Hora de reunión Ás 11.00 horas en Santiago de Compostela.
  • Quen pode participar? Soci@s do club.
  • Desprazamento Cada quen pola súa conta, hai dispoñibles 3 prazas nun vehículo (3€), avisa se precisas algunha delas.
  • Horario matinal ou día completo, depende do que queirades. A idea é que quen queira quedar para continuar a sesión pola tarde faga pausa para comer, a hora de regreso é libre.
  • Custe da entrada 9€  (subvencionarase a entrada dependendo da cantidade de participantes).
  • Infantís e xuvenís de balde.

IMPRESCINCIBLE INSCRICIÓN PREVIA NA SECRETARÍA DO CLUB