OS MÉRCORES, MARCHA NÓRDICA EN FERROL E CEDEIRA
O Club de Montaña Ferrol e as AVV de Canido (Ferrol) e unha asociación de Cedeira, botan a andar, entre outubro e novembro, os Mércores con marcha
Todos os mércores, alternativamente en Ferrol e Cedeira, ás 20h farase unha práctica cunha duración estimada de 1 hora.
Tamén haberá unha marcha un sábado cada mes, para darlle máis “marcha ao corpo”.
Os membros das entidades, poderán inscribirse a través das mesmas, esta actividade é de carácter gratuito. As persoas non socias poderán participar aboando unha cota de 3€ por sesión.
Máximo de 12 persoas.
Os bastóns (específicos para a marcha nórdica) serán aportados pola organización se os precisas.
Confirmase á inscrición por correo electrónico.
INICIACIÓN Á MARCHA NÓRDICA CON KAPITREK
Por outra banda o noso compañeiro Gerardo ofrece, a través da súa empresa Kapitrek, sesións de inicación á Marcha Nórdica para grupos reducidos, a vindeira será en Doniños o 2 de outubro, máis información no seu Facebook.