ActividadesNoticiasRutasSendeirismo

COSTA ARTABRA: 50 KMS NON PERO, TEMOS UNHA ALTERNATIVA

 Tal como está a situación  seguimos sin atrevernos a facer unha actividade  de moita participación, como son os 50kms.

O feito de xuntar xente en determinados puntos, de expoñer os voluntarios, de que te pechen o concello o día anterior. Pode que sexamos demasiado precavidos, hai moitos que nos animan a facelo, pero o que nos faltaba era que por unha mala sorte saíramos no telediario.

A idea que temos por manter a data (sábado 12/06/2021) e o trasfondo da actividade, é facer o tramo ata a comida , San Xurxo.

Propoñemos que se faga por libre cada un como queira por onde queira (a referencia é o tramo marcado, evidentemente).

O noso compomiso, para facilitar a actividade, é poñer un bus ( mascarillas todo o mundo) en S. Xurxo, (saida as 9’00) para que a xente poda deixar ali os coches, traer a tod@s os que queiran ata a Malata (FIMO), e as 9’30 sair cara alo, pero sen organización algunha (nin coche escoba, nin avituallamentos, nin seguro, nin ningunha responsabilidade por parte do club).

O monte non ten cancelas, así que a participación e aberta, para o bus hai que inscribirse, pois hai límite de plazas.

FICHA PROPOSTA ACTIVIDADE 210612 31 kms costa artabra de ferrol