SENDEIRISMO: PENAS LOUSEIRAS
Imos aló! A ver se desta volta podemos continuar coas actividades previstas no calendario de 2021, sempre tendo en conta a precaución e a normativa dos protocolos FisioCovid.
Para o domingo 28 de marzo propoñemosvos unha andaina polas Penas Louseiras, aberta a federad@s con licenza en vigor e só para soci@s do Club de Montaña.
A actividade consiste nunha ruta matinal de 12,5 km, con saída ás 9.30 horas do Cemiterio de Naraío (Eirexado).
- Saída: as 9.30 h. do Cemiterio de Naraío (Eirexado) https://goo.gl/maps/3nPeL9y8Wngx74CE9
- Remate (estimado): a iso das 13.30 h.
Indicacións a ter en conta:
- Na saída, na chegada e en todas as paradas é obrigado o uso de máscara.
- En ruta, en actividade física deportiva, a distancia ten que ser cando menos de 2 metros no caso de non levar as vías respiratorias cubertas.
- Calquera dúbida terá que ser resolta a través dos protocolos Fisiocovid da Federación Galega de Montañismo.
IMPRESCINDIBLE INSCRIPCIÓN PREVIA. (Venres 26 derradeiro día).