Noticias

VOLTAMOS AO HORARIO DE «SEMPRE», PRONUNCIAMENTO DA FEDME

Parecía que algo ía mudar nas limitacións …pero case non! Por moito que falou o presidente da Xunta, o deporte segue a estar considerado de alto risco, pese a que non escoitamos un só científico que dixera nada ao respecto, senon máis ben todo o contrario.

De momento, o único que podemos facer é voltar ao horario habitual do club: luns, mércores e vernes de 19.30 a 21 horas, coas indicacións de seguridade COVID habituais.

Desta ao mellor saímos máis unid@s, pero máis fortes con estas posibilidades de exerciciofísico… seguro que non!

Como hai dubidas do que se pode e non se pode facer (case todo), a Secretaría Xeral para o Deporte editou (16/02/2021) este guieiro que anexamos:

A Federación Española, debe ser que ten aires novos, e por fin di algo sobre o tema. Se se fora tan belixerante coma outras (caza por exemplo), ao mellor tiñamos outra perspectiva. Aí queda o posicionamento: