Noticias

ASI E IMPOSIBLE! PECHAMOS ATA O 18

Nova volta de tuerca, para intentar controlar a pandemia, pero volven a ser medidas xeralizadas.

O pasado luns, o Presidente da Xunta de Galicia, bloqueaba o  deporte. Precisamente o que se vende como saudable, que se gastán cartos en campañas para que se faga, ¡pois xusto o contrario!!. Habida conta que os casos de contaxios de ser , son anecdóticos (no deporte profesional, eles saberán), pero que as nosas Federacións se dotaron de protocolos ampliamente estudados e que todos os clubes designamos unha persona responsabel de Covid, en cada unha das modalidades. ¿Onde se estará mais san (psiquica e físicamente), camiñando por un monte venteado ou nun bus ateigado de xente?

Pois polo menos, ata o 18 de febreiro toca camiñar ou correr ou escalar de un en un, e sen sair do concello. Como o non esencial ten que pechar as 18h, estes días xa non abriremos o local, pero seguiremos tramitando todo o posible dende a nosa conta de correo electrónico secretariacmf@gmail.com

E moi recomendable artigo de Xose R. castro “Pandemia e deporte base” da Voz de Galicia do luns 25/01/2021. Se as entidades civico-sociais  non saímos desta, un capitulo mais da participación cidadá polo tanto un estamento do soporte democratico da nosa sociedade, quedara duramente tocado.

 

SAUDE A TOD@S