ActividadesNoticias

IMOS A PEOR…

No día de onte (19/01/2021) o Conselleiro de Sanidade, explicou dentro dunha nova volta de tuerca, a ampliación de medidas, e se tiñamos dubidas de que se podía e non se podia facer, agora xa temos claro, que non se pode facer casi nada.

No Diario Oficial de Galicia,  xa se avanzaba que os peches perimetrais son para toda práctica deportiva, federada ou non, e o número máximo de xente xunta é ata 4 mais monitor

Así pois diante desto so podemos manter as actividades de Marcha Nórdica, con 4 participantes e mais monitor.

As actividades de saídas con federados, quedan suspendidas.

Do mesmo xeito temos prevista a Asamblea Xeral de soci@s de Febreiro, imos facela, enviando a todos os correos electrónicos un calendario, para que tod@s os soci@s teñan a información e as contas do penoso 2020, e se podan facer preguntas e incluso emitir voto.

Os tempos están revoltos …eche o que hai!

CIRCULAR INTERPRETATIVA MEDIDAS DEPORTE