SENDEIRISMO MATINAL: CIRCULAR POR PRIOR
Iniciamos as actividades do calendario de 2021, así que para o próximo domingo 10 de Xaneiro vos propoñemos un roteiro circular por Prior.
Ollo: só para federad@s con licenza activada de 2021 e só para socios do Club de Montaña (enviaremos xustificante de licenza federativa por correo electrónico a todas as persoas inscritas na actividade que estean pendentes de recibila).
A actividade en concreto será:
- Distancia: unha ruta de maña duns 10 kms
- Saída: as 9’30 do Bar Horizonte https://goo.gl/maps/1q7UZ2PBnRSZyKZ98
- Itinerario: partir das inmediacións do Bar Horizonte e facer unha circular por Cabo Prior ata o lugar de partida.
- Remate: a iso das 13.30h
Indicacións a ter en conta:
- Non se poderá viaxar nos vehículos de aqueles que non sexan convivintes.
- Na saída, na chegada e en todas as paradas é obrigado o uso da máscara protectora.
- En ruta, en actividade física deportiva, a distancia ten que ser de 2 metros no caso de non levar as vías respiratorias cubertas cunha máscara protectora.
Calquera dúbida terá que ser resolta a través dos PROTOCOLOS FISIOCOVID DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA. (Venres 8 de xaneiro último día).