CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA 2021
Xa podedes consultar o calendario coa proposta de actividades para este ano 2021. Como vedes recupéranse actividades programadas no 2020 que non se poideron desenvolver, así que agardamos poder retomalas neste ano que entra, atendendo sempre ao que indiquen as normativas vixentes e ás instrucións das autoridades sanitarias en cada momento; e tamén ao noso sentido común, porque manter a COVID a raia é tarefa de tod@s!
Saúdos, e iremos informando como sempre na lista de correo do club, neste sitio web, e nas redes sociais.