MARCHA NóRDICA E CAMIÑAR POR BRION: A VER SI O LOGRAMOS
Retomamos, cos recortes de participación estabrecidos nas Ordes da Xunta respectivas, algunhas actividades.
De aquí a fin de mes a Marcha Nórdica un día por seman, ca idea de pronto sair a facer marcha pero a zonas naturais. Para meter mais caña!
E temos a idea do vindeiro domingo por manter o calendario, e facer o percorrido que tiñamos pensado, polos Montes de Brión con saída de A Cabana, pero imos obviar as explicación patrimoniais que eran o obxectivo, para centrarnos na parte deportiva.
Así que a idea é partir do local da AVV. da A Cabana, subir cara a Brión e retornar a última hora os coches.
Por suposto seguindo a normativa, a actividade e so para deportistas con licencia federativa. Estamos vendo algunas actividades alleas de carácter “deportivo / entorno natural ” que nos están poñendo os pelos de punta.
Por suposto os protocolos Fisio-covid da Federación Galega de Montañismo-Sergas son os aplicados en todo momento.
Se o DEPORTE sempre foi saúde, agora ten que selo mais.