O ROCODROMO EN CONTRATACION
POR FIN!!!!
Despois varias reunións co Concelleiro de Deportes Antonio Golpe, unha delas presenzal no propio rocódromo, e incluso co propio Alcalde, a semán pasada finalizou o proceso cunha reunión con concelleiro Julián Reina, do presidente do club Xan Ramírez e do gran dinamizador do rocodromo Luis Marcos e do despois de casi 2 anos, arrancou o procedemento do concurso e contratación da renovación do panel alto do rocódromo.
Hoxe (25/11/2020) facíase público o concurso ó que se invitaba as empresas, coas que o club estivo pedindo presupostos.
Tal como vai a cousa, non sería de estranar que antes de fin de ano, se poidera escalar na parede nova.
O que é curioso é que de todos os que falaban, nunca mais supimos. Claro que é moito mellor falar que facer. O que é certo é que o Club Montaña Ferrol, leva aquí dende o ano 1974, e “outros”clubes naceron ..e xa morreron.