SAUDAMOS A VOLTA A SINALIZACION DE CEDEIRA DO CAMIÑO A TEIXIDO
Diante da nova de que o Concello de Cedeira, vai sinalizar de novo o Camiño a Teixido, non cabe mais que felicitar, que se retome o mantemento do camiño milenario.
Que valga como exemplo “a non facer” o que fixo no seu día a Secretaria Xeral de Turismo, que fixo unha marcación que logo financiou a Deputación a súa retirada, para a marcaxe de Costa Ártabra. Ainda que Costa Ártabra marcara no 2008/2009, case todos os tramos por estrada asfaltada.
Narón sinalizara moito antes da man da entidade Oenach 13, e Valdoviño a finais dos 90 pero so no seu concello, cunha sinalización propia.
Durante 15 anos dende o ano 1998, quen mantivo viva ruta foi o propio Club de Montaña, con axudas puntuais dos concellos http://15anosateixido.blogspot.com/, recuperando tramos do camiño, mantendo a sinalización e editando as únicas guías – mapas durante bastantes anos.