Destacado

POSTAIS DESDE… NOVA ZELANDIA

Bluff, e máis aló a Antártida
Bluff, e máis aló a Antártida!

Carlos e Nuria veñen de cruzar Nova Zelandia de Norte a Sur ao longo dun mes.

Foron 3.000 quilómetros que comezaron o 20 de decembro en Cape Reinga, e que remataron hai catro días, o día 23 deste mes de xaneiro, en Bluff.

Non tiñan moi claro se ían acadalo, pero a climatoloxía axudou (agás o ventooo…) e anque tiveron días duros, chegaron aló!

Entre medias tiveron que tomar 3 ferries, un taxi lacustre, e mais un par de centos de horas pedalando, entre eles os 80 quilómetros que fixeron nunha praia de 90 millas de longo!

Prometen contarnos máis cousas, a foto do cartel é a última que tomaron nesa Fisterra austral… porque máis abaixo mar mediante, está a Antártida!

Cape Reinga, o punto máis septentrional de Nova Zelandia
Cape Reinga, o punto máis septentrional de Nova Zelandia