ADESTRAMENTO DE ORIENTACIÓN A PÉ POLOS MONTES COMUNAIS DE SAN XURXO E DONIÑOS
Retomamos no noso calendario de actividades as de ORIENTACIÓN, así que a sacar o compás e practicar cun adestramento de orientación a pé o domingo, 26 de xaneiro, polos montes comunais de San Xurxo-Doniños.
- Lugar de saída e meta: Aparcadoiro da praia de San Xurxo, na Vila da Area.
- Hora de saída: Entre as 11.00 e as 12.00, segundo vaian chegando os participantes.
- Itinerario. Dous tipos:
- Adestramento para orientador@s xa iniciados.
- Iniciación, cun percorrido mais curto e doado apto para nenos e adultos sen experiencia.
Datos a remitir:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Número de DNI
- Itinerario
Cuota da actividade:
- De balde para todos os participantes.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: MÉRCORES, 22 DE XANEIRO