A QUEIMAR O TURRÓN! ACTIVIDADES DE FIN DE ANO E DO 1º DE XANEIRO
Xa temos o calendario de actividades para estes días de lecer:
1/ VOLTA Á RÍA, QUEIMAR O TURRÓN
Para todas as persoas que queran camiñar un pouco para rebaixar as calorías de máis que levamos estes días, polo contorno do fondo da ría de Ferrol.
- Xoves 26 e venres 27 de decembro.
- Lugar de encontro: nas inmediacións do albergue de peregrinos de Neda (perto da pasarela peonil de Xuvia).
- Hora de saída: 17.00 horas (puntualidade).
- Esta actividade non require inscrición.
- Se queres practicar Marcha Nórdica podes levar os bastóns e xuntarte co grupo que sairá practicando esta modalidade.
2/ XINCANA FOTOGRÁFICA
Saída de iniciación á fotografía. Non é preciso ter coñecementos previos. Imprescindible levar algún trebello para captar imaxes (móbil, cámara compacta, reflex, sen espello, etc.). Menores de 10 anos teñen que ir acompañados dun responsable.
- Domingo 29 de decembro.
- Lugar: Saída das inmediacións do albergue de Peregrinos de Neda, circular pola ribeira até o Couto, parando a fotografar os elementos patrimoniais que figuran neste tramo do Camiño Inglés.
- Hora: 10.00 horas (duración estimada: ate as 13.30 h.)
- Soci@s de balde
Imprescindible inscrición previa ata o venres 27 de decembro.
3/ MARCHA DE ANINOVO
A tradicional subida a Chamorro do primeiro de ano, onde nos xuntaremos con ciclistas e corredores dos clubes deportivos de Ferrolterra. Despois subiremos polos montes de Balón para baixar ata A Cabana e desgustar os famosos callos cos que recibimos o ano. Os callos son de balde para os participantes, pero haberá un bote para recadar fondos para unha causa solidaria.
- Mércores, 1 de xaneiro de 2020.
- Hora: 11.15 horas.
- Lugar de saída: Diante da Feira de Mostras (FIMO).
- Non require inscrición previa.
Agardamos por vós!