DestacadoRutasSendeirismo

NACE KAPITREK, NOVA INICIATIVA DE TURISMO ACTIVO

O sábado colleunos camiñando na X marcha polas Terras de Cedeira… pero entre medias deu para botar ollo ás páxinas do xornal coa agradable sorpresa de ver ao noso compañeiro e socio Gerardo “Kapi”.

Fala da andaina profesional que está a emprender no ámbito da Montaña. Moita formación e experiencia acumulada para ofrecer servizos de guía, unha forma de coñecer o territorio máis implicada e respectuosa co medio natural.

Quedádevos co seu contacto para cando eses amig@s e familiares que veñen de fóra pregunten o típico “e hoxe que podemos ver e facer?”… de momento podedes seguilo (e compartir!) o seu instagram e axiña na súa web www.kapitrek.com
Moitos parabéns 👏👏👏💪

Ver máis: https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/09/14/rutas-vendo-recorrido-gps-andante/0003_201909F14C4991.htm

(FOTO: © CÉSAR TOIMIL/LA VOZ DE GALICIA)