ActividadesAlta montañaDestacado

POSTAIS DESDE… LAPONIA

O noso socio Santi envíounos en pleno agosto estas refrescantes imaxes da ascensión ao Kebnekaise Sydtoppen, ou o que é o mesmo: o cumio sur do macizo de Kebnekaise, en Laponia.
Cóntanos Santi que o Sydtoppen, que está cuberto por un glaciar, era até o pasado ano o cumio máis alto de Suecia e tamén do Círculo Polar na Europa continental. Pero por mor do desxeo a capa do glaciar perdeu varios metros de grosor e agora a honra de ser o monte máis alto correspóndelle ao NordToppen -ou cumio norte- do mesmo macizo, que ten superficie de rocha e non sofre tanto como o seu irmán sureño o “quencemento global”…
Santi continuou a súa progresión pola fina aresta que separa o Sydtoppen do NordToppen, e como mostra enviounos estas imaxes que, a modo de postais, compartimos con tod@s vós! Graciñas Santi!