ActividadesNoticiasRaids e Orientación

INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN EN CARANZA: CLASIFICACIÓN E FOTOS

O domingo celebramos a terceira xornada de iniciación á Orientación, tralas exitosas experiencias na Malata e no Parque Raíña Sofía, desta volta os compañeir@s de raids estableceron a súa base na Casa do Deporte en Caranza, para deseñar uns percorridos moi divertidos aproveitando a característica densidade urbana desta zona de Ferrol, con moitos parques, espazos públicos e bloques residenciais seriados, con mil e un recunchos onde agachar as cobizadas balizas. Ademais poidemos gozar dun tempo soleado excepcional neste domingo electoral que encheu as rúas de xente!

Na nosa páxina de facebook podedes ver unha galería de fotos, e a continuación tamén tedes a clasificación da proba: