ActividadesNoticiasSendeirismo

SENDEIRISMO: MANIÑOS HISTÓRICO

Continuando co noso calendario de actividades propoñemos para o DOMINGO 17 DE MARZO unha Andaina polo MANIÑOS HISTÓRICO da man do noso compañeiro José Barro, verdadeiro coñecedor da historia da zona.

A idea e facer unha andaina de carácter circular, con paradas explicativas. O percorrido é básicamente urbano.

  • Hora de saída: 10.00h
  • Lugar de Saída: Chao da Arca (Cemiterio Municipal de Fene)
  • Límite de participantes: 30 persoas
  • Dificultade e esforzo: baixo
  • Distancia: 13 km aprox.

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA. Data última de inscripción: 13/03/2019, soci@s de balde