MONTAÑA E ESCALADA SON FEMININO
Co gallo de visibilizar a participación feminina en todos os ámbitos, o vindeiro 12 de marzo organizamos a petición da Concellaría da Muller do Concello de Ferrol unha xornada no rocodromo municipal adicada para mulleres de todas as idades (menores de idade acompañadas por unha persoa adulta).
Antonte aínda había prazas, polo que se queres participar corre axiña enviando un correo a: casadamuller@ferrol.es indicando:
- Nome e apelidos completos
- Data de nacemento
- Teléfono móbil de contacto
- Contactarán coas persoas admitidas
- En dúas sesións ás 17.00 horas e ás 18 horas, en grupos de 15 participantes.
Dado que a Concellaría corre co tema de responsabilidade de seguros, a actividade é de balde.