Aulas VerdesEscaladaNoticias

SAÍDA DE NATUREZA E ESCALADA

Dúas novas actividades en marcha. Este domingo 24 de febreiro nova saída cos nosos divulgadores de cabeceira da natureza, Pedro e Pablo.

Desta volta será un percorrido pola Costa Ártabra na zona de Ponzos, xa sabedes: camiñar algo e mirar moito. @s pequech@s sempre o pasan en grande… e os maiores tamén!

  • Lugar de encontro: aparcadoiro da praia de Ponzos
  • Hora: 10.00h

E para o día 28 temos tamén outra oportunidade nas xornadas de iniciación á escalada no rocodromo.

Para as dúas actividades como sempre, imprescindible inscribirse previamente en Secretaría.