ÉXITO DA XORNADA DE INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN E CLASIFICACIÓNS
O pasado domingo os compañeir@s da sección de Orientación organizaron unha xornada de iniciación a este deporte, que combina esforzo físico con estratexia e axilidade mental, o que dá como resultado unha modalidade moi divertida na súa práctica que poden desenvolver tanto nen@s como adultos, sós ou en equipo…
A isto súmanse os distintos niveis que propuxeron os nosos compañeiros para esta iniciación que se celebrou nas inmediacións do estadio municipal de A Malata, con percorridos curto, longo e de adestramento… de tal xeito que daba lugar a moitas combinacións para a numerosa asistencia que participou ao longo da mañá nas zonas verdes do paseo fluvial e mareal da Malata.
Para a meirande parte dos participantes foi o seu primeiro achegamento a este deporte, e en xeral deixou moi bo sabor de boca polo que poidemos comprobar… e seguramente moitos voltaredes nas vindeiras convocatorias, porque estas xornadas de iniciación teñen vocación de continuidade e xa estamos a traballar na seguinte, que será probablemente no emblemático e céntrico espazo verde do parque municipal Raíña Sofía.
Se participaches na xornada do pasado domingo, aquí podes ver as clasificacións da xornada. As fotos podes velas nestas dúas galerías en Google Photos e Facebook.