SENDEIRISMO PATRIMONIAL: MONTE CAMPELO
Para o próximo domingo 10 de febreiro vos propoñemos unha andaina de Sendeirismo Patrimonial. “O Monte Campelo: importancia militar e mineira”.
A idea e facer unha andaina polas terras de Meirás e o Monte Campelo, con paradas explicativas sobre a importancia militar do enclave estratéxico do Monte Campelo e o aproveitamento mineiro da zona.
- Hora de saída: 10.00h
- Lugar de Saída: Aparcadoiro nas inmediacións do Hotel “A Roda” https://goo.gl/maps/8Ntbs99FQb42
- Límite de participantes: 30 persoas
- Distancia: 9 km aprox.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA.
Soci@s de balde.