NoticiasRaids e Orientación

OLLO QUE @S QUE VEÑEN ATRAS VEÑEN APRETANDO: BEN POR SILVIA!!!

Pois esta fin de semana en Lugo tivo lugar a Primeira proba de Orientación a pé coa que arrinca a tempada de orientación.

O club Fluvial de Lugo preparaba unha proba de media distancia pola mañá, dentro do campus universitario, e para pola tarde tiña preparada unha proba formato Sprint dentro das Murallas de Lugo.

Espectaculares ambos os dous percorridos e mapas que fixeron o deleite dos corredores. Para alí foron os nosos habituais corredores do CMF, con algunhas novidades nas súas filas.

O formato parece que gustou aos nosos corredores porque os resultados non poderían ser mellores.

Andrés Bergara cóase 6º en M-40, Antonio Lopez nun 3º posto real en M50, seguíndolle moi de preto por un Antonio G. Couce que semella que os aires australianos sentáronlle moi ben, conseguindo un estupendo 7º posto, Óscar Fernandez 5º en Elite e a badalada deuna a grumete da expedición, Silvia Lopez cun 2º posto na súa primeira participación en solitario.

Tamén. foi a probar en Iniciación Longa, Miguel Lopez Rodriguez, quedando nunha estupenda 4º posición. Esperamos que lle gustara e telo pronto nas nosas filas.

Parabéns a tod@s el@s!!!

Na web da FEGADO tedes as clasificacións e máis información sobre esta proba.