EscaladaNoticiasPublicacións

VÍAS DE ESCALADA EN CABO PRIOR (2019)

Dentro da tarefa emprendida para compilar e actualizar a información dispoñible sobre as vías de escalada en Ferrolterra, Eume e Ortegal, o noso compañeiro Luis vén de entregar unha nova publicación sobre a zona da Costa Ártabra – Cabo Prior,  e que detalla tres sectores (Cormorán, Zodiaco, Falcatruada) que non conlevan un perigo excesivo á hora de destrepar as vías, e onde pódese escalar sen que afecte moito ou case nada o estado do mar (sempre tendon en conta que hai que ter controlada a subida das mareas, ondaxe e forza do vento).

A costa é polo xeral un lugar perigoso e exposto, con risco de caída desde moita altura, o ideal é ir acompañad@ por persoas que coñezan xa o lugar, e estar moi atentos a non esvarar. Non existe cobertura de móbil en case todas as vías e sectores, polo que é conveniente telo en conta ante calquer incidente.

ATENCIÓN: A ESCALADA E OS DESTREPES NOS DISTINTOS SECTORES DE CABO PRIOR NON SON RECOMENDABLES PARA PRINCIPIANTES.

Se non tes coñecementos e/ou experiencia e queres iniciarte na escalada, podes inscribirte nalgunha das xornadas de iniciación á escalada en rocódromo que organizamos periódicamente.

Pica na imaxe para descargar a guía en PDF:Guia en PDF