EscaladaNoticias

TREKKING REIVINDICATIVO POLO ROCODROMO

 Dende o Club de Montaña Ferrol, dende fai mais dun ano estamos pendentes da instalación dun sistema de acceso controlado neste lugar municipal pero dinamizada solo polos deportistas, con forte inversión social, pero non se sabe nada pese as múltiples propostas feitas por nos.

Os temas de mantemento, como a revisión e certificación das vías, limpeza ou as pasadas inundacións amosan a total despreocupación por esta instalación con cero inversións dende hai ano.

A isto, cambian o procedemento administrativo meten unha sanción no procedemento, e por primeira vez, nos seus 45 anos de historia, a esta entidade, se lle SANCIONA, con 800, por tardar en xustificar a subvención do 2017, o cal e curioso cando o propio concello tarda de xeito insospeitado en todos os seus tramites, por exemplo, aínda neste mes de xaneiro de 2019, non asinamos o convenio do 2018, …..polo cal, nos sancionaran despois..

A deriva do deporte en Ferrol ten moitos culpables que aínda non se enteran, dos esforzos que moitos directivos e voluntarios traballan arreo, nas mais de 100 entidades que ten Ferrol. Non se foi capaz  de modernizar o Patronato, elemento esencial, núcleo da participación democrática das entidades e dinamizador e interlocutor valido.

Por se isto non fora pouco na lexislatura anterior, se desfixo o Patronato “para aforrar” e converteu deportes nun negociado mais como cemiterios ou xardíns, esquecendo que se trata con sociedades, con voluntarios, con auténticos axentes sociais, a cero euros, ós que hai que axudar en non meter paus nas rodas., e o que en deporte se chama XOGO LIMPO

Por mais que se chame a deportes ou se manden correos, non hai con quen falar.

O 17 de Outubro xa, fartos, enviamos ó concello correo, onde xa anunciabamos unha acción reivindicativa.

O 15 de novembro, pedíamos unha xuntanza urxente… ate hoxe

Así pois maña sábado as 11.45 varios directivos do club vanse xuntar no local, e as 12h farán un “Trekking Reivindicativo”, coas súas mellores galas montañeiras, dende o local ate o rocodromo, onde estabreceran un “Campamento Base Reivindicativo”, para a continuación “instalar” unha porta donde debería ir a prometida fai mais dun ano. O que queira vir…..