ActividadesFotografíaNoticias

DOMINGO 23 FOTOGRAFANDO A PAISAXE

Este domingo 23, antes da Noiteboa, imos subir ao Coto do Rei no monte Marraxón nunha saída de iniciación á fotografía de paisaxe neste impresionante miradoiro da Ría de Ferrol. Practicaremos cos axustes básicos da nosa cámara ou móbil e outros trucos para fotografar paisaxes… Non é preciso ter coñecementos previos. Hai que levar cámara dixital (teléfono móbil, compacta, reflex, etc. coa batería cargada).

Hora de saída: ás 10.00h
Lugar: Nas inmediacións da igrexa de Sillobre (Fene) Cómo chegar (Google Maps)
Duración aproximada da actividade: 4 horas.
Prazas: 15 prazas (menores con supervisión dun adulto)

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA

INFO+INSCRICIÓN: secretariacmf@gmail.com