ActividadesFotografíaNoticias

MAGOSTO DO CLUB E ANDAINA FOTOGRÁFICA

1/ MAGOSTO

O domingo 28 de outubro celebramos o tradicional MAGOSTO do Club, e aínda que este ano seica non hai moitas castañas, faremos por que as haxa! Será como todos estes últimos anos no Muíño da Barcia, no río Belelle camiño da Fervenza, por xentileza da Asociación Micolóxica Viriato que xestiona este espazo.

Para os que queiran ir a pé quedaremos ás 13.00h na Igrexa de Santa María de Neda (3 km). Para os que vaiades directos cara o muíño, a hora de quedada é ás 13.45h (quen leve o coche, lembrade que hai que deixalo no aparcadoiro disuasorio habilitado polo Concello de Neda nas inmediacións do Pazo de Isabel II).

O club pon empanadas e castañas, viño e café… e cada quen leva a súa comida. Para facer previsión de compra é imprescindible inscribirse. Esta actividade é só para soci@s e convidad@s. (se alguén leva acompañante.

2/ ANDAINA FOTOGRÁFICA: BODEGÓN DE OUTONO

O mesmo día e no mesmo lugar, pero un pouco antes, ás 10.00h, teremos outra andaina de iniciación á fotografía, e como o tema vai do outono, comezaremos cunha andaina a baixo ritmo pola contorna do río Belelle, apañando follas, castañas, noces, e outros froitos e pequenos refugallos, para improvisar un bodegón ou natureza morta. Xa de volta, e utilizando como estudio o Muíño da Barcia, practicaremos a iluminación con luz natural e artificial.

Para participar nesta actividade non é preciso ter coñecementos previos de fotografía, só tes que traer algún trebello con cámara (móbil, compacta, reflex, etc.)

  • Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h)
  • Lugar de Saída: No aparcadoiro disuasorio habilitado no camiño da Fervenza, nas inmediacións do Pazo de Isabel II no lugar do Roxal (Neda)
  • Límite de participantes: 15 persoas
  • Distancia: 3-5 km aprox.
  • IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA.
  • Soci@s de balde

POR FAVOR, INDICADE NA INSCRICIÓN SE IDES AO MAGOSTO, Á ANDAINA FOTOGRÁFICA, OU ÁS DÚAS ACTIVIDADES. GRAZAS.