ActividadesAlta montañaNoticiasSendeirismo

Montaña e diabetes. Charla e andaina o día 29 de setembro

Somos moit@s os que convivimos coa diabetes, ben sexa en primeira persoa ou a través dos nosos familiares. O vindeiro sábado 29 de setembro colaboramos cunha iniciativa da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, consistente nunha charla de Susana ruiz Mostazo, que falará da súa experiencia nas montañas de Nepal, Kilimanjaro e Toubkal e como levar o control da diabetes, ela é diabética tipo I desde hai 25 anos… o título é elocuente: Os soños non teñen límite.

Posteriormente á charla, que terá lugar no Centro Cívico de Canido ás 10.30h, participaremos nunha andaina entre Canido eo Dique da Cabana (ida e volta, 5 km aproximadamente).

Para facer previsión de espazo é IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA, vémonos en Canido.