Segunda edición da Carreira Popular de Orientación de Narón
O sábado 30 de xuño celebrouse a II Carreira Popular de Orientación de Narón. O lugar de saída/meta estaba no lugar da Feira do Trece e había balizas repartidas por varios puntos emblemáticos da parroquia, como a zona do Esperón, Monte dos Nenos e o Castro de Eiravedra, con tres percorridos con distinto grao de dificultade: infantil (2km), medio (5km) e longo (11km).
As condicións meteorolóxicas non axudaron ao desenvolvemento da proba, cunha intensa treboada sobre o monte Esperón, e con choiva e néboa dominando a xornada. Con todo no percorrido infantil participaron 6 cativ@s. O groso da participación repartiuse entre o percorrido medio con 54 participantes, e o longo con 42.
Debido ás inclemencias non foron moitos os participantes que acadaron todas as balizas, a pesar de esgotar o tempo límite programado pola organización, entre as 18 e as 20 horas para o percorrido longo, e entre as 18.15 e as 20.00 horas para o percorrido medio.
Polo Club de Montaña Ferrol subiron ao podio Silvia, terceira clasificada no percorrido medio feminino, que realizou o percorrido en grupo canda Lara, Cris e Goretti e Adrián, que sumouse ao longo da carreira; e Antonio quedou terceiro no percorrido longo masculino.
Crónica con información de Antonio L. Peiteado. As imaxes son do fotógrafo Antonio Aradas no seu perfil de Flickr