ActividadesMarcha NórdicaNoticias

Marcha Nórdica en Neda

Continuando coas actividades de iniciación á Marcha Nórdica na comarca, e tras as celebradas en Ferrol e Narón, o domingo 1 de xullo propoñémosvos unha nova xornada en Neda, que organizamos coa colaboración do Concello de Neda e a Federación Galega de Montañismo.

A dinámica da xornada consiste nunha exposición teórica previa. Despois daremos unha volta polo tramo do Camiño Inglés poñendo en práctica o aprendido. Non hai que traer nada, o Club aporta os bastóns específicos de marcha nórdica para a práctica, pero dado que o número de pares que temos é limitado é imprescindible inscribirse previamente.

Por outra banda lembrámosvos que Alba Graña, a instrutora que imparte a xornada, ten un blog adicado a esta modalidade deportiva neste enderezo: https://marchanordicaferrol.wordpress.com/

Data: Domingo, 1 de xullo de 2018.
Horario: 10.00h
Lugar: Albergue de peregrinos de Neda (a carón da pasarela peonil sobre o río Xuvia).
Imprescindible INSCRICIÓN PREVIA.