Actividade en Babia-Luna os días 7 e 8 de xullo
Continuando coas actividades programadas no calendario temos programada unha actividade de montaña en Babia-Luna para os días 7 e 8 de Xullo. A dificultade é bastante alta, é a Cordilleira Cantábrica.
Esta actividade é só para soci@s. Hai 15 prazas, é imprescindible ter participado nalgunha actividade de montaña con anterioridade. Para máis información e condicións específicas de participación contacta coa Secretaría do club.