Postais desde a Costa Ártabra
Para o domingo 20 de maio propoñemos unha andaina fotográfica que titulamos “Postais desde a Costa Ártabra”, porque imos traballar as claves da fotografía de paisaxe neste marco incomparable que é a costa de Ferrolterra e Ortegal, catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Será a penúltima sesión das andainas de iniciación á fotografía antes do verán.
Non é necesario ter coñecementos previos nin ter asistido a anteriores sesións. Só hai que levar unha cámara (a do móbil, unha compacta, a reflex). Se tedes trípode traédeo tamén.
A idea e facer unha andaina a baixo ritmo saíndo do aparcadoiro da praia de Doniños (Outeiro) para ir camiñando polo piñeiral de San Xurxo.
- Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h)
- Lugar de Saída: Parking Praia Doniños (Outeiro)
- Límite de participantes: 15 persoas
- Distancia: 3-5 km aprox.
- IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA
- Soci@s de balde