ActividadesEscalada

Iniciación á escalada en Rocódromo Abril

Xa temos datas para o rocódromo para este mes no lugar de sempre no lucernario do Estadio Municipal de A Malata.
Para participar nesta actividade, indicada para todas as idades, é imprescindible incribirse previamente.
  • xoves 12 de abril, límite de inscrición 9 de abril.
  • martes 24 de abril, límite de inscrición 20 de abril.

Ollo! Hai dúas quendas cada día: de 19 a 21 horas ou de 20 a 21 horas, escolle o horario que mellor che veña pero lembra que as prazas son contadas e esgótanse axiña.

Contacto para máis info e inscrición

Por mor do seguro, a cota da actividade é, para soci@s non federados: 3€; para soci@s federados e nenos: de balde; para non soci@s: 6€

…e non vos preocupedes polo material, xa o poñemos nós… vós traede as ganas!