Iniciación á Marcha Nórdica
Estimad@s amig@s imos probar algo novo… Desde o Club Montaña Ferrol e a Federación Galega de Montañismo, coa colaboración da AVV de Canido, convidámosvos a participar nunha xornada de iniciación á Marcha Nórdica.
Faremos unha explicación teórica, e logo daremos unha volta polo paseo da Malata, poñendo en práctica o explicado. Dado que o número de bastóns específicos para Marcha Nórdica é limitado, é necesario inscribirse previamente.
Data: 7 de abril
Horario: 10.00h
Lugar: Centro Cívico de Canido