Iniciación á fotografía por A Gándara
O domingo 25, en horario matinal, retomamos a andaina de iniciación fotográfica que celebraremos unha vez ao mes ata o vindeiro xuño.
A idea e facer unha andaina a baixo ritmo cun trazado circular con comezo e final no paseo marítimo da Gándara en Narón. Adicaremos o tempo a coñecer e practicar o concepto do encadre, e tamén xogaremos a conxelar o movemento nas escenas de acción…
Non é preciso ter coñecementos previos nin ter participado en andainas anteriores.
Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h)
Lugar de Saída: Parque Paseo Marítimo da Gándara, fronte ao Centro Municipal de Formación do Concello de Narón (perto de Poligal).
Límite de participantes: 15 persoas
Distancia: 3-5 km aprox.
Custe da actividade: Soci@s de balde, non socios 3€.
Contacto inscrición: por correo electrónico en secretariacmf@gmail.com e presencialmente ou por teléfono en horario de oficina.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA.