Orientación Deportiva en Ares
Xornada adiada ao sábado 7 de abril
Nota do Concello de Ares comunicando o adiamento da proba
Para o sábado 10 de marzo SÁBADO 7 DE ABRIL propoñemos unha actividade de ORIENTACIÓN DEPORTIVA na contorna do centro urbano de Ares. O punto de reunión é no peirao deportivo a carón do Club Náutico de Ares ás 16.30 horas
A idea é que sexa unha actividade para todas as idades. Os menores de 8 anos teñen que vir acompañados dunha persoa adulta.
A actividade é de balde, debido ao adiamento, é posible reabrir a inscrición para novos participantes ata as 20.00h do mércores 5 de abril, enviando os seguintes datos de cada participante:
- Nome completo
- Número DNI, no caso dos menores que non teñan DNI, número da tarxeta sanitaria
- data de nacemento
(datos obrigatorios)
Podes inscribirte enviando un correo a secretariacmf@gmail.com ou utilizando as outras formas de contacto do club en horario de oficina.
Máis información: