ActividadesEscalada

Iniciación á escalada en rocódromo

PRAZAS COMPLETAS  (actualizado 20/02/2018)

Vai frío? Entra en calor iniciándote á escalada en rocódromo. Os mércores 7 e 28 de febreiro de 2018 no lucernario do Estadio da Malata

Temos dúas quendas cada día: de 19 a 21 horas e de 20 a 21 horas

Para participar nesta actividade, indicada para todas as idades, é imprescindible incribirse previamente, dado que as prazas son limitadas. Contacto para máis info e inscrición

O custe da actividade é, para soci@s non federados: 3€; para soci@s federados e nenos: de balde; para non soci@s: 6€

…e non vos preocupedes polo material, xa o poñemos nós… vós traede as ganas!